:noncadriculados: :novas: :desafoga: :podes_facer_algo: :nós: :ñ: :enlaces: :fotos: :prestige: :descargas: :música: :colaboradores: :clube|noncadriculados: :tenda_blackfone:
enténdote
queremos que saibas que nos importa unha 'piiiiiii' se és tío ou tía, se te deitas con tíos, con tías ou todo a un tempo.
cada quen é moi libre de ser coma sinte que precisa ser.
acó trátase de ser libres, independentes, de desafogar e saírse da cadrícula estudada que nos marca ista sociedade.
se non sabes con quen falar ou a quen lle contar algo, faino aacó, alguén lerá o que escrebas e é posíbel que ademáis de te comprender, coa túa experiencia lle axudes a supera-los problemas que poida estar a sufrir.
imagen

Ola, o meu nome non o vou dicir, son calquera persoa de calquera lugar e só escrebo a ista páxina pra contarvos a miña historia...:

     Eu era un rapaz moi reservdo, moi calado e tímido, apenas me relacionaba con ninguén, sinxelamente familia. Amigos non tiña, tiña unha irmá que se chamaba Cynthia, era baixiña moi moi guapa e era coa única persoa da familia que podía dicir que tiña unha relazón de amizade a parte do lazo de sangue que nos unía. Cynthia padecía un cancro, estaba enferma, mais a historia non é isa...

    Un 25 de Decembro, Cynthia quería baixar cos seus amigos pra saír de marcha. Os meus pais, tan controladores e esixentes coma de costume, negábanse a ilo. Entre a miña outra irmá e mais eu, conseguimos convencelos pra que deixaran á nosa irmá maior saír co seu mozo no seu coche recén agasallado polos seus "papis". Xosé era o seu nome, era o típico rapaciño pixo consentido que os seus pais lle deixaban facer o que lle viñera en gana, por iso os meus pais se opuñan a que a miña irmá saira isa noite da casa, por iso e porque lembro que estabamos tódo-los membros da familia reunidos na miña casa celebrando o nadal.

    Isa mesma noite, aproximadamente ás 3 da madrugada, o teléfono soou na miña casa. Chamaban do Hospital, a miña irmá tivera un accidente de coche e estaba ingresada moi grave. Isa noite Cynthia morreu.

     Pasei unha tempada illado do mundo enteiro, na clase ía fatal, volteime un rapaz moi rebelde, totalmente desinteresado pola vida, o futuro e todo o demáis, o único que me importaba marchara e nunca voltaría ó meu carón, sentíame coma se parte de mín morrera e eu mesmo soubera que nunca voltaría verme reflexado nos ollos da única miña amiga, e a miña única compaña. Aínda poido lembrar ise estado, só de pensalo, éntrame gana de chorar, estaba só, a miña irmá tempo despois comezon a se enganchar na farlopa, eu sabíao e encubríaa, sen pensar que iso era o peor que podería facer pra lle axudar... Chegou un momento no que a situazón era insostíbel: os meus pais quedaron tan marcados pola morte de Cynthia que comezaron a nos "atacar" psicolóxicamente á miña irmá e máis a mín, acusándonos de sé-los causantes da súa morte, pois fomos nós os que animamos pra que lle deran un chisquiño de liberdade á miña irmá maior e por ilo, a nosa culpa era.

     A miña irmá logo de tempo enganchada á farlopa, conseguíu desengancharse -isto é algo que nunca ninguén soubo- mais antes de conseguilo, o meu avó materno morreu e a miña avoa quedou viúva. A miña irmá pra se desfacer da presión sometida polos meus pais cara nós e pra lle facer compaña á miña avoa, foi vivir con ela, foi nise período de tempo cando a miña irmá conseguíu desfacerse da merda que tiña enriba.

    Eu seguía vivindo cos meus pais porque aínda era moi novo pra marchar fóra da casa, os meus pais chegaron a un extremo tal, que en contadas ocasións chegaron a maltratarme levemente, mais a mín non me importaba, estaba máis que xustificado, eu era un dos causantes de que Cynthia morrera, acusábame a mín mesmo, era coma vivir dentro do teu peor inimigo. Chegou a tal grao a historia que en dúas ocasións tentei matarme, unha tomando as píldoras da miña irmá (si, xa sei que é de risa mais así o tentei) e non funcionou; e a outra, tragando un pouco de cada cousa que atopaba polo caixónn dos medicamentos da miña casa. En ámbo-los dous casos rematei hospitalizado con fortes dores de barriga, que aínda hoxe seguen a darme moi de cando en vez. Algo debeu foderme o estómago.

     Cando cumprín os dezasete enfronteime a mín mesmo e asumín a miña verdadeira persoalidade: son gai e estou orgulloso de selo. A isa mesma idade marchei da casa e fun vivir cuns amigos meus, tamén gais e os meus pais comezaron tratamento psicolóxico, pois tódo-los seus fillos renunciaron a iles. Os meus pais, hoxe en dia están curados anque en certos momentos miran atrás e non ven máis ca cousas malas, normal na nosa vida familiar, pois poucas cousas nos pasaron que pagara a pena disfrutar.

    Hoxe, teño 19 anos, volto vivir na casa dos meus pais, saben que son gai, encaixárono de maravilla, quérenme, danme cariño, quéroos e tento darlles o mellor de mín mesmo; mais se unha cousa aprendín é que nista vida non hai mal que por ben non veña. A metade da vida foi mala; ista metade estu a disfrutala e sinto que non sería pecado dicir que logo distes 19 anos, a miña vida comezou: teño un mozo maravilloso, unha irmá casada, uns pais comprensivos e unha familia unida. Coido que, logo de todo o vivido, non hai razón pra mirar atrás e dicir "Non paga a pena vivir".

     Con isto só pretendo da-lo meu apoio a todo o mundo que o precise, xa vedes que na miña vida sufrín e vivín toda clase d experiencias: malas, boas e nin malas nin boas. Hoxe falei cun amigo meu que me dicía que a vida non vale unha merda e que estaba cheo de oculta-la súa sexualiade gai pra que a xente non lle colgara un cartel. Eu só escrebo isto pra dicirlle a el e a tódo-los que vaiades lélo..."Nista vida hai que pelexar pra vivir; se non loitas, non vives" e que en mín sempre atoparedes un apoio. Non hai por que se preocupar se un é gai ou lesbiana ou é o que lle peta ser, pois á fin e ó cabo, iso é lei de vida e é totalmente normal. Escrebo isto pra desafogar pois hoxe é 25 de decembro e estou un pouco cabizbaixo e lembrar toda ista historia e poder contala, creo que me fará ben... A vida é corta pra disfrutala, por iso, amigo, aprovéitaa.

 Un amigo da páxina.

sé ti mesmo, por favor
comparte as túas experiencias ou sinxelamente berra ó mundo o que levas aturando tanto tempo...

alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Videos, Loterías y Lotería de Navidad
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón