|
A MIÑA OPINIÓN PERSOAL SOBRE AS TABLAS.
|
Tendo en conta o dato anterior e coa única pretensión de que estos datos sexan útiles incluio neste traballo unha das moitas fórmulas que existen para este cálculo: http://solunar.ebierzo.com/?page_id=2
Por suposto existen outras tablas como as de John Alden e Jacqueline E. Knight que publica Hispano Europea tódolos anos, costaban 4 € e están adaptadas a España.
Persoalmente eran as que utilizaba sempre.
|
TABLAS DE ACTIVIDADE PARA ESTE ANO
O lector debe ter en conta que hai factores que poden alterar esta actividade. |
Realmente non podo poñer as tablas que recomendo que son as de Jhon Alden Knight. Pola miña parte son as que sempre usei. Edítanse tódolos anos. Poño una das moitas fórmulas: Ver este link, moi bon por certo.
|
FACTORES QUE PODEN ALTERAR ESTA ACTIVIDADE.

| A presión atmosférica | Unha baixada de presión é sempre o inimigo nº 1 do pescador. Tamén os cambios bruscos non son bós. |
| A temperatura ambiente. | Evidentemente si a temperatura é moi baixa, sobre todo a da auga os peixes teñen menos actividade. |
| O vento. | Vento norte moi malo. Vento sur-suroeste bon, sempre que non sexa forte. As beiras nas que da o vento son as mellores. |
| Condicións do lugar. | Unha enchenta é mala, o mismo unha baixada
moi brusca. Por eso onde hai minicentrais ou encoros non hai maneira de controlar o chollo. |
| Momentos do ano. | O mellores meses para a troita son abril, maio e xuño. Son os máis estables. Persoalmente cando se podía pescar o saltón, no verán, para mín xullo era o mes preferido. Nunca esquecerei un día no río Arenteiro, pola zona de Seoane, onde fai uns anos se envelenou, as doce da mañá tuven que voltar para casa, non tiña onde meter as troitas e so eran 18. Era o mes de xullo e soio entraban troitas de 300 grs. para arriba... por suposto foi a miña maior pescata...eran, repito outros tempos, onde non había cupo, había poucos pescadores e moitas moitísimas troitas... |
