¡INDIGNÁDEVOS XA! COA POLÍTICA QUE SE FAI COA NOSA NATUREZA.
¡NON A INCINERADORA NO IRIXO!
-------------------------------------------------------------------------------------
Este é o cartel dos que se opoñen a incineradora, cartel co que estou dacordo.
A miña opinión sobre a implantación en O Irixo dun complexo para incinerar 1/3 das basuras xeradas en Galicia é totalmente negativa. Primeiro xa que estou en contra da incineración, método que vexo do século pasado, malo, pouco eficiente e moi contaminante e segundo xa que se trata dunha zona Irixo, principalmente, pero que afecta a Lalín, Dozón, o Carballiño e outros lugares que se van ver totalmente afectados e non vai a contribuir a beneficiar en nada o seu desenrolo, tanto agrario , como ganadeiro, de agroalimentación e por suposto o desenrolo turístico. En total vai ocupar 50 ha. Vai incinerar sobre 366.000 toneladas de basura o ano (actualmente Cerceda ten unha capacidade de 700.000 e está ubicada en 66,5 ha.).
Incineradora de Cerceda actualmente en uso. Galicia xera 1,2 millóns de Tm./ano de residuos (cada persoa produce una media de 1,2 Kg./día ); 700.000 Tm./ano é a capacidade de Cerceda e no Irixo preténdese tratar o resto, que serían residuos da zona sur de Galicia.
O sistema actual, o que se aplica en Cerceda, soio recicla un 8%, incinera un 38% e almacena un 54% en vertedeiros da zona.
A alternativa que ten a xunta a incineración é o reciclaxe (reducción, reutilización e reciclaxe) e tódalas técnicas que leva emparexadas e que realmente poden crear empleo é por suposto I+D+I do que tan falto está a nosa Galicia e o noso medio Ambiente. Alternativa que non pensa seguir. A Xunta actual, o medio ambiente tenlle sin cuidado, fai o mínimo, por non ter, no hai nin Consellería de Medio Ambiente, hai que aforrar...dicen...Eu o que digo é que resulta máis barato non facer nada...
Os ríos da zona, xa medio defenestrados, van a verse afectados, si esta incineradora se leva a cabo. Pola zona temos o río Viñao, o Arenteiro e o Avia que quedarán, os poucos anos, terriblemente afectados. O mismo lle vai pasar os acuíferos...
A xente debe saber que unha incineradora trae consigo unha contaminación incrible en canto o aire, as augas tanto dos ríos como das fontes e a terra xa que unha parte importante, os resíduos e as cinzas quedarán na zona. A incineradora crea uns residuos en forma de cinzas (con cantidade de metales e velenos...), sumamente peligrosas, que almacena na zona. Únicamente se recicla un 8% e o 54% queda na zona en vertedeiros. Pola contra pola a súa cheminea escupe fumes contaminantes que defenestran a zona en moitos kms. o redor. O da producción de enerxía é unha coña que nos contan; falan de electricidade xerada para unha cidade de 60.000 fogares (a conta de estragar a zona e a saúde dos habitantes; menudo precio) ...Os 250 postos de traballo non xustifican a desfeita da zona...supoñendo que realmente sexa certo o dos postos, eu non me fiaría... Habería que cuantificar os que se perderán na zona, que serán moitos; veremos quen quere vivir na zona unha vez implantada a incineradora.... De levarse a cabo a incineradora, en moitos kms. a redonda haberá unha perda incrible nas propiedades e na posta en valor agraria, ganadeira, agroalimenticia e por suposto no turismo, con perdas incalculables...
Todo eso hai que cuantificalo, explicitalo e contarllo a xente. Non hai que enganar como se fai nestos casos. Diñeiro para hoxe, pouco, e fame, moita fame para mañán...
Ver o esquema da montaxe que se vai facer:
Primeiro onde se vai facer e cales son os cartos do complexo: vai a facerse en O Irixo (Ourense)
Estos son os datos da inversión.
O procedimento a seguir é o que se leva actualmente en Cerceda, que vai esquemáticamente dende que se recolle o liso, de forma selectiva ou non, logo se leva as plantas de trasferencia (ver o mapa delas en Ourense), seguidamente en camións e prensadas se levaría a O Irixo onde por un lado os residuos que veñen nas bolsas amarelas se clasifican e envian a centros recicladores (soio o 8% de momento) e o resto transfórmase en CDR para alimentar a planta termoeléctrica ou incineradora; a producción eléctrica vai a rede e os residuos o aire, a auga e a terra en vertedeiros especiais, que máis tarde ou cedo acabarán nos regatos e fontes da zona.
Ollo o dato que repito, soio se recicla sobre o 8%, incinérase un 38% do que chega e o resto un 54% máis os residuos da incineración almacénanse na zona en vertedeiros. Cuidado con este dato e que se preparen os acuíferos da zona, os ríos e o terreo. Unha auténtica peste...
Ver esquema: a litografía é de Milena Plata Arrieta e esta sacada do diario La Región do día 8 de xaneiro de 2012.
Continuación co proceso dende as plantas de tranferencia e en camións compactadas a carga levaríanse a Irixo.
Estas son as plantas que hai hoxe en Ourense. Toda unha montaxe de sacar cartos...
O proceso final, leva consigo os centros recicladores que son poucos xa que se está a reciclar un 8%, que é unha miseria. Logo preparase o lixo para a planta termoeléctrica e incineradora.
.
Está é a planta incineradora. Observar a recollida de escorias, sumamente peligrosa e que queda na zona e o fume da cheminea, que leva de todo dende dioxinas a furanos que vai caer nas terras do lugar, nas fontes e nos ríos, contaminando o que toca.
Tan peligrosos son estas dioxinas e furanos que emiten estos fumes que a lexislación actual marca que se tomarán medidas semestralmente para estudiar os mesmos. Casi nada.
Logo xa se sabe como se toman as medidas, atendendo o bolsillo e as xentes que viven na zona que os parta un raio. "Poderoso cabaleiro é don Diñeiro"... A este tema fai alusión Julio Barea nun artigo que poño o final.
O tema, aparte de que o sistema soio recicla o 8%, está nas escorias, as dioxinas e os furanos, que son altamente peligrosas e que quedan almacenadas na zona? , eu non me fio nada da actual Consellería de Infraestructuras-Medio Ambiente e non sei que máis, de como actuarán os fumes que plancharán a zona e dependendo dos ventos poden chegar moi lonxe.
O meu Non, creo que está clarísimo, a Xunta non debera incinerar. Xa é un procedemento do século pasado. Hoxe a natureza demanda outra especialización...
Ademais, o tema de incinerar pecha as portas, durante moitos anos, o que se debe facer xa que son as tres erres de "reducir, reutilizar e reciclar".
O meu NON está claro e xustificado.
Para rematar e resumindo moito, remito a un artigo de Etelvino Blanco que suscribo plenamente e que me leva a decir, outra vez, NON A INCINERADORA DE IRIXO. non graciñas como dice Etelvino.
Tamén remito a un artigo de Julio Barea que é o responsable da campaña de enerxía e residuos de Greenpeace de España, toda unha autoridade na materia e que deixa ben claro o engano que supón unha planta incineradora no Irixo ou en calquera lugar do mundo.
E finalmente a un resumen, que pon os pelos de punta, do informe de InVS sobre as incidencias de cáncer nas zonas onde se instalan as incineradoras.
Aquí pretenden poñer a planta incineradora. A fotografía é de Brais Lorenzo.
Por si non se lee ben, pulsar aquí
O artigo está sacado do Faro de Vigo do día 27 de xaneiro de 2012. Aparece na páxina tres.
Artigo do Instituto de Vixilancia Sanitaria Francés (InVS) publicado no ano 2008 e referido as incineradoras.
O artigo está sacado do Faro de Vigo do día 27 de xaneiro de 2012. Aparece na páxina dúas.
Sobre este estudio tes este artigo neste link.
Tamén podes acceder o estudio completo, realizado polo InVS, sobre unha mostra de 2.487. 274 persoas e que para mín é definitivo e motivo máis que suficiente para loitar por un:
NON A INCINERADORA DO IRIXO.
Ver este traballo marabilloso de Manuel Busto.
Manuel Busto Galego é autor dun blogs especial "Aquam Latam" que conta moitas cousas de "Agolada, auga levada", por certo non moi lonxe do Irixo.
Merece a pena velo e namorarse, sentir con fotografías e textos sensacionais o que el mismo dice "a emoción de redescubrir a terra que me criou e a de presentarvos o extenso patrimonio que alberga".