A RAZÓN DA WWW

Esta páxina quisiera mostrar a abella, pero mostrando a flor. A provincia de Ourense é maravillosa, pero está moi abandonada.

OURENSE NATURAL: BROMA OU REALIDADE

Loitar por uns ríos vivos, non mortos. Está é a razón da páxina. Coñecer a  vida dos ríos é unha forma de amalos. Tambien para que no mueran nuestras costas.

                             

        "Si a locura humán non atopa algo que a poida curar, a nosa natureza non chegará moi lonxe...100 anos poden ser moitos, neste período a terra estará morta..."Giovanni Sartori, 

      "¿Somos intelixentes?...!fai tempo que teño as miñas dúbidas!... Secundino Lorenzo (28/06/2003).

       Esta páxina WWW nace o día 11-11-97, dous días despois de que La Región, periódico local , publicara o envelenamento do río Arenteiro (la broma)  e os primeiros capítulos dun libro fermoso, titulado Ourense Natural (a realidade). 

    "Ourense natural : broma ou realidade", pretende dar un toque de atención e pedir un sos polos ríos e a natureza de Galicia, convencido de que son un patrimonio básico e imprescindible.

   Actualmente, setembro de 2005 é, por primerira vez dende 1997, son optimista.  Estou ilusionado coa xente que está o frente da Consellería de Medio Ambiente galega. Espero o mellor deles. Espero tamén non equivocarme...

   Eso escribía no 2005, hoxe no 2009 xa non está esa xente, entre os que estaba Xose Benito Reza como Director Xeral, toda unha garantía para facer algo polos ríos e así foi, polo menos puxeronse os medios para detectar os problemas que había. Hoxe está Agustín Hernández-Fernández como Conselleiro de Obras, infraestructuras e Medio Ambiente. Deste Sr. eu non podo esperar nada, en 1995 cando presentou o informe do impacto do encoro do Umia demostroume a súa profesionalidade ó servicio de todos menos da nosa natureza. Ver este link. As persoas cambian e algunhas para ben, esperemos sexa este o caso para ben da natureza galega.

Declaración básica da páxina www:

 

Luchar por unos ríos vivos, no muertos, está es la razón de la www.

¡¡Esta páxina non ten publicidade desexada nin cobrada e non recibe ningunha  subvención de ninguén,  nin a quere!!

Esta páxina www é totalmente independente e únicamente está cós  que de verdade (non soio de intencións ou de palabra senón con feitos), defenden a natureza galega, a española e en xeral a natureza no mundo.

O feito de que me decante por un ou outro vai en función dos feitos a favor da natureza de cada quén...

  

O autor da www é socio-amigo da Fundación Nueva Cultura del Agua.

O seu lema principal é a filosofía desta páxina www "Tratar de mentalizar éticamente á sociedade,  sendo conscientes de que o noso legado natural, social e cultural é un préstamo dos nosos descendentes máis que unha herencia dos nosos antepasados".

  Saír.