D. Quixote volve a Galicia no 2011 despois da súa visita no 2004.

ESTO     CONTABA   NO   2004:

No dibuxo as minicentrais do río Limia en Ponte Linares, a do río Deva en Quintela de Leirado, unha das tres do río Tuño, a minicentral impresentable do río Deva na Cañiza e otros xigantes que están deixando os nosos ríos para o arrastre. Non me extrana que D. Quixote vexa xigantes, realmente o son para os ríos pequenos.

Esta páxina agradece a Sancho a precisión; ademáis, esta páxina espera dende fai anos que os galegos se den conta que ¡ESTÁN ROUBANDO OS RÍOS!. Esto o escribía no ano 2003. No 2004 esto é unha desfeita auténtica.

D. Quixote volveu polo Xacobeo en agosto do 2004 e xa viu unha choiva de estrelas "as perseidas das minicentrais": nos ríos  ULLA, LEREZ, VERDUGO, ARNOIA, OUTES, XALLAS e un longo etc. de novas minicentrais en Galicia.

Minicentrales aprobadas en agosto do 2004. DOG de agosto.

"Adeus ríos, adeus regatos pequenos...."...canta razón tiña Rosalía...

Río Limia. Minicentral de Pontelinares. Ourense.

Estou convencido, rematarán cós ríos, alí onde se poda poñer unha  minicentral porana, o mismo farán coas montañas, coas nosas serras, poñendo moliñillos de vento en todas elas...
Cando rematen o anterior, comenzarán coas nosas costas, molinillos de vento que aproveiten as mareas...
¿Que se pode facer ante este deterioro galopante e  este tirar para adiante frenético no 2004?.
Dificil. A Xunta de Galicia actual é a primeira que ten intereses neste gran negocio galopante, o uso ata a saciedade dos nosos ríos e serras,  a mín non me cabe dúbida...Son os políticos que nos eliximos democráticamente e son os que nos están dando a puntilla a nosa natureza, que é o mellor e único que temos. Teño probas, todo o mundo o sabe, de moitos destes políticos que teñen que ver cós Consellos de Administración destas empresas,  que amasan o diñero que queren...pero é igual...Todo é legal...???...hai moi pouco que facer...
Ademáis... para moita xente que non coñece en sito estos edefesios anti-naturais que están facendo nós ríos e serras,  veno ata positivo... é incrible ata onde chega o grado de descoñecemento de moitos galegos, e de que forma tragan a publicidade da "enerxía sosteñible" do conto do  "aforro en árbores",  da "enerxía ecolóxica e verde", mentras  quedamos sin o máis preciado de Galicia: os nosos ríos, as nosas serras e dentro de pouco as nosas costas...

Cún programa consesuado de aforro de enerxía  e unha potenciación do que había fai 10 anos  hubese sido máis que suficiente (exportamos por riba do 50%). pero non, veña tirar parta adiante como tolos...veña a facer minicentrais, Parques eólicos e o que sexa...veña a encher os bolsillos a toda costa...


Exagerado?. Ollos para ver...

Algo quedará dirá moita xente?...

Sí, os nosos nosos recordos...  

ESTO     CONTABA   NO   2011:

Volven as  minicentrais a Galicia no 2011.

Xa o sabía dende fai dous anos....

Soio que agora pretenden enganarnos dicindo que 71 non se fan...

Ver este link onde nos venden que deixan de facerse 71  a cambio de 26.

Ollo leer a letra pequena do artigo.

Era de esperar do Sr. Hernández and company, si, si, o do encoro do Umia...

Un amante dos nosos ríos...

---------------------------------------------------------

Estos días tamén nos venden o da limpeza de ríos, falan de 11200 km. de canles e 3 millóns de euros máis en dous anos para a súa limpeza.

En realidade, lendo a letra pequena,  trátase de limpar 180 km. de puntos de riesgo para evitar inundacións, dependendo de onde se escoite a noticia esta pode ser a panacea dos ríos que os van limpar todos, os 11.200 kms. total ou simplemente cumplir coa normativa de seguridade e pouco máis.

Dende logo esto non está mal pero é o mínimo e ademais están obligados a facelo...

Os ríos desgraciadamente van a seguir de contaminados como ata agora.

Ver a noticia na Voz de Galicia do 13/07/2011.

salir.jpg (1925 bytes) Sair.