|
|
|
Pequeno resumen gráfico sobre as dimensións: Ollo os 19 cms. en toda Galicia. Salvo poucas excepcións (O Couto do Xares, p.e.).
En principio vexo cambio nas medidas a regla dos 19 cms en tódolos ríos. salvo indicación expresa. Mantéñense os cambios do 2006/7/8/9/10/11.
.-Ollo a maior diferencia é que non se poderá pescar en ríos de montaña ata o día 1 de maio. Hai unha lista deles neste links. Pero esto xa aparecía no 2008 e 2009, 2010, 2011.
.-Mantense o horario da pesca: soio se poderá pescar dende unha hora antes de sair o sol ata unha hora despois. .-Manteñen as capturas ata 10 como máximo por pescador. Hai lugares que inda é menos por suposto. A medida pasa nos libres a 19 cms, pero hai moitísimas excepcións. .- Manteñen que nos coutos de Allariz, e no tramo I do Arenteiro a pesca da troita remate o 31 de xuño. Tamén no couto de Pontelinares no río Limia a pesca dbe rematar o 31 de xullo. .-Tamén no couto sin morte do río Mao en Montederramo péchase o 31 de xullo o igual que o da troita.
Ollo os cambios:
O CEBO NATURAL NA PROVINCIA DE OURENSE
¿Que se entende por cebo natural? Según o ANEXO XII da orden de pesca é un cebo prohibido para a pesca de salmónidos o ASTICOT ou becho branco durante toda a tempada hábil en todas as augas. Tamén está prohibido según o artigo 3º, no apartado 3 de enganos: todo tipo de ovas de peixe e o peixe natural, vivo, morto ou en anacos. Visto o anterior entendo por cebo natural: Enténdese por cebo natural para pescar a troita: a mioca, o becho suizo, a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva do odonato) e máis a gusarapa (larva do efemeróptero). E por suposto todo tipo de insectos naturais como o becho dos amieiros, etc. ¿Pódese pescar a cebo natural en Ourense? Pois sí, ata o 1 de xullo, salvo no primeiro tramo do couto dos Medos (neste tramo do couto no se poderá usar o cebo natural en toda a tempoada). Tamén salvo nos ríos que se poñen a continuación que se poderá utilizar o cebo natural ata final de tempada.
|