Este é
o dato oficial (23 de agosto do 2.009)
pero non é o real. Eu creo que iso é o
que sabemos e non o que vemos. Explícome.
Son 7.000 os vertidos detectados nas
rías (2.094) e os ríos (5.049) galegos
dos cales 1.757 débense a fallos de
depuradoras como: a do Verdugo (Ponte
Caldelas), Gafos (Pontevedra),
Ponteareas (Tea), Porriño (Louro).
Barbaña (San Ciprián Ourense), Ourense (Miño
e Loña), Lugo (Miño), etc. e outros que
non se contabilizan como son os vertidos
a "Cano aberto",
por exemplo da depuradora de Ourense e
outras que non se detectan loxicamente,
a iso refírome cando digo e non
contabilizados.
Estos
días 24 de agosto do 2009 leo a
contaminación do río Sarria por debaixo
da depuradora do pobo, morreron centos
de troitas e inda non se sabe que pasou,
un día sí e outro tamén ocurren estas
cousas en Galicia.
Ver o link.
Galicia é un caos en depuración e o
2.015 está a bolta da esquina. Levamos máis de 20 anos falando dos mesmo e
facendo pouco, moi pouco...
No 2.005 xa tiñan que estar traballando
todas as EDAR de pobos de máis de 5.000
habitantes, xa se falaba delas en época
de Fraga e que ían facer... ¡Eu é que
non vexo ningunha!!. As poucas que hai
en marcha funcionan mal ou non
funcionan, aparte de estar xa absoletas
xa que non seguen protocolos modernos de
detención de metais, alertas varias,
decantación e depuración.
A Coruña, Vigo siguen con problemas nas
súas EDAR e así suma e segue. O
mar é moi grande...
Baiona, Ribeira, Corrubedo, Ares, e máis
están esperando solucionar os seus
problemas. As rías galegas están de
luxo...
A
política hidraulica da Comunidade galega
é do Paleolítico inferior,
di Adega e realmente é certo.
Os ríos galegos seguen en coma, toda vai
a eles e así é un desastre.
En Ourense están tocados todos os ríos
incluído o río Miño coa súa gran cloaca
en Castrelo de Miño, aguántao todo...
Pero van mal o río Avia con problemas en
todos os pobos do seu percorrido, o río
Arnoia exactamente igual, o río Támega,
o río Limia outra cloaca (a depuradora
de Xinzo deixa moito que desexar). O río
Sil no Barco vai impresentable. Hai
pouco ata cuns lodos increibles...
Esperemos dunha vez por todas que nestes
anos que quedan ata o 2.015 se resolvan
estes problemas.
Eu non son optimista pero dito queda...
Por certo vexan as mentiras que se
contaban no ano 2000 onde segundo o P.P.
ían executadas xa o 60% das obras de
depuradoras, vexan o mapa e póñanse a
chorar... Pasaron 10 anos e estamos
igual ou peor...
Ver este link cos datos do 2.009
A política
hidraulica da Comunidade galega é do
Paleolítico inferior?
A resposta é si... Sen dúbida...