RÍO NAVEA EN OURENSE

  ......

  

......   ......
A presa dos peixes. Chámase así porque nesta presa non pasan os peixes, nun ano normal de riadas. Por riba da presa dos peixes. Moito bidueiro no río Outra imaxen. A dereita subindo, moito, o pobo de As Taboazas.
Outra vista do pozo dos Peixes. Camiño da Ferrería, entre brezos. Outra vista. As xestas abundan. Por riba do Pozo de Felix. Un compañeiro que ben merece o bautizo deste nome.
Bidueiro, no Pozo do Chicho. Non contarei porque se chama así, é secreto de sumario. Non pensedes mal. Pozo do Felix. Neste pozo é un especialista o meu amigo e compañeiro Felix. Ten pasado ratos moi bons. No Monte de Abaixo. No lugar hai moita pizarra.
 Bidueiros. Outra imaxen. O río vai entre salgueiros e bidueiros. Outra imaxen. En primeiro plano as queirugas ou brezos violetas característicos. Troita do Navea. Salmo Trutta Fario das que xa non quedan.......
Troita. A fotografía é por riba dos pasais de Taboazas. Outra Imaxen. O río vai neste tramo entre dúas montañas. Outra vista parecida a anterior.
O río é sensacional. O río é sensacional. A izquerda os montes de Simeón, a dereita a Serra de San Mamede. No medio o río Navea. O río é sensacional. A carretera que se ve, foi unha moi mala idea. Nos anos 60, 1960 era un camiño precioso. O río é sensacional.
Río Navea A estrada a carón é unha auténtica aberración. O camiño antiguo era sensacional.. Pozo no Navea. O lugar chámase Malpaso. O pozo ten máis de tres metros de profundidade. As riadas deixaron a estrada mal.
Outra imaxen. Dende Tabuazas. Tabuazas está a 1100 metros. O río vai polo fondo a 900 metros. Dende Tabuazas. Outra vista Dende Tabuazas. O lugar chámase as Faceiras.
A Ferrería. Outra vista. A Ferreira . Aquí xúntanse o río Navea e o regato de Torneiros. A Ferreira . Aquí xúntanse o río Navea e o regato de Torneiros. Outra vista do lugar. A Ferrería un lugar maravilloso. É unha pequena valgada sensacional.

Pulsando na fotografía pode verse un pouco máis grande.

NOTAS SOBRE O RÍO NAVEA:

Río Navea en Ourense: 19 kms. de río san. Perteñece o Concello de Chandrexa de Queixa. Trascurre entre montañas, concretamente a Serra de San Mamede (1.300 m.) e os altos de Simeón (1500-1600 m.) na Serra de Queixa.  O río vai en alturas de 900 a 1100 metros na Edreira.

O río Navea, no 2001 está vedado dende o nacemento ata a Ferrería, en total son 14 kms. sensacionais. Paréceme una medida sensacional sempre e cando exista vixianza. En maio do 2001 atopei na zona os gardas. Bon síntoma.

 Logo hai catro kms. de río que se pode pescar e que aparecen algúns tramos nas fotografías anteriores. É un río limpo, con moito casullo e moita gusarapa e besbello o cal quere decir que é un río san. En abril do 2002 vín varias parellas de merlos rieiros, o cal demostra que se trata dun río san. Si se respeta a medida haberá moitas troitas xa que 19 cms. é moito para este río e 6 troitas non é nada.

Nas beiras hai todo tipo de árbores: dende os salgueiros e bidueiros pasando por acebos, serbal dos cazadores, etc.

É un lugar que coñezo dende fai trinta anos, non é o que era, fixeron unha estrada anti-natura que cada día está peor, había un camiño de carro marabilloso, o progreso trae estas cousas feitas cos pés. Tamén fixeron unha área recreativa, bueno....nunca houbo plásticos nese lugar ahora sí os hai. De tódolos xeitos é marabilloso o lugar.

Por debaixo deste 20 kms. de río a nada, un encoro de Chandrexa que é unha mágoa. Logo o caos de Medio Ambiente e as grandes empresas de electricidade, río sin auga apenas, caudais ecolóxicos para facer café cortado e un longo río de depropósitos ata chegar o río Sil.

Algún día porei fotografía do tramo da Ferrería ata Edreira (un lugar con moita historia), pasando polo Pozo Simeón, O Figueiro, O Sabugal a 1038 metros, e outros lugares. Un lugar sensacional e unha ruta de 4-5 kms fora de serie. O río neste tramo está vedado no 2002.

Salir archivo fotos.       salir.jpg (922 bytes) Salir ríos sanos.        salir.jpg (922 bytes) Saír ríos sans.     


alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Videos, Loterías y Lotería de Navidad
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón